lunes, 26 de mayo de 2014

viernes, 23 de mayo de 2014

UN PASEO POLA PRAIA DOS AFOGADOS


nasas nasas
     Nasas no porta de Panxón




 Aguino RIMG5533
            Praia xunto ao porto de Aguiño

igrexa
Catoira. Torres do Oeste. Igrexa xunto á torre

CURIOSIDADES e ADAPTACIÓNS DO LIBRO "A PRAIA DOS AFOGADOS"


Curiosidades
          Aparece nomeado varias veces o poeta Carlos Oroza, cliente habitual da mesma taberna á que acode Leo Caldas.
Adaptacións
     O libro publicouse simultaneamente en galego e en castelán, en abril de 2009. A casa da edición galega foi Galaxia e a da castelá Siruela. En 2010 publicouse a edición en alemán co título de Strand der Ertrunkenen, traducida por Carsten Regling[1]. En 2011 editouse a tradución ao inglés, co título de Death on a Galician Shore[2].
         En 2010 está prevista a produción da versión cinematográfica.

ROTEIRO DA PRAIA DOS AFOGADOS

A PRAIA DOS AFOGADOS de DOMINGO VILLAR


2º TRIMESTRE


A PRAIA DOS AFOGADOS de Domingo Villar
 
      A praia dos afogados é unha novela negra escrita por Domingo Villar, publicada pola Editorial Galaxia en 2009. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas e é o segundo libro da serie, despois do seu debut con Ollos de auga.
     O libro está dividido en 85 capítulos. Os títulos destes capítulos están formados por unha única palabra, que se define ao comezo do texto.
    O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Panxón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida que lle ata as mans apunta a un asasinato.
         Pouco a pouco vaise descubrindo que a súa morte está relacionada co naufraxio do pesqueiro Xurelo, acontecido 12 anos atrás. O barco tripulábano o falecido, Xusto Castelo, O Rubio, xunto con outros dous mariñeiros e mais o patrón. O barco foi a pique preto da illa de Sálvora, unha noite de temporal, e de xeito un pouco estraño. No naufraxio falecera o capitán, mentres que os dous mariñeiros sobreviventes viven aínda en Panxón, pero non manteñen relación entre si e gardan un fondo silencio sobre o sucedido.
        Ao longo do libro vanse atopando outras pistas que confirman que non foi un suicidio: a chalupa do falecido aparece ao outro lado de Monteferro, lonxe do cadáver; o morto ten un golpe na caluga posiblemente feito á mantenta; e mesmo gravacións dunha cámara de seguridade. Malia á reticencia dos mariñeiros locais para falar do acontecido, Leo Caldas tira dun fío que o leva á desaparición dunha muller en Aguiño a mesma noite do afundimento.
       Paralelamente, Leo Caldas segue co seu programa de radio Patrulla nas ondas; tamén ten un papel importante, mesmo na resolución da trama, o seu pai, que está a coidar do seu irmán Alberte, gravemente enfermo no Hospital do Meixoeiro en Cabral, Vigo.